Saltar ao contido

Circuíto de Vallelunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autodromo Vallelunga "Piero Taruffi"
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras SBK, Superleague Formula, ELMS, WSC, ISC, ETC, F2, Fórmula Renault
Localización Italia Campagnano di Roma, Italia
Lonxitude 4,085 km.
Curvas 15
Volta rápida
Piloto récord
Escudería récord
Coordenadas
Vista do Circuíto

O Autodromo Vallelunga Piero Taruffi é un circuíto de carreiras situado a 32 km ao norte de Roma, en Vallelunga de Campagnano. Desde o 12 de outubro de 2006, o Autódromo de Vallelunga chámase oficialmente Piero Taruffi.

O circuíto inaugurouse en 1951 ao reciclar un antigo hipódromo de area de 1´8 km.. A primeira carreira de coches disputouse o 9 de decembro nunha pista de area. Asfaltouse en 1957, en base ao proxecto do piloto enxeñeiro Piero Taruffi, do que recibe o seu nome, con dous trazados (Internacional e Club). En 1961 a Compañía Vallelunga (propiedade da familia Pesci) logrou un acordo co Concello di Campagnano di Roma, a zona onde se atopa a pista de carreiras, para dobrar a lonxitude da pista. A partir de 1963 o circuíto albergou o Gran Premio de Roma. En 1967 engadiuse unha nova curva cando a pista converteuse en propiedade do Automobile Club d'Italia (ACI).[1] En 1970 invístese na construción dos edificios dos boxes, a dirección de carreira, a sala de prensa e unha tribuna. En 1971 fixéronse outras innovacións na pista. Á súa vez, o sentido de xiro pasou de ser antihorario a horario.

a pista, como era no 2003

En agosto de 2004 comezaron os traballos para ampliar a súa lonxitude da pista en 1 km, deixando a pista coa súa lonxitude actual, 4.085 m para os autos e 4.110 m para as motos. No verán de 2005 completouse unha importante renovación e expansión, construíuse unha nova torre de control de carreira, rutas de escape e unha mellor infraestrutura. A nova configuración recibiu a homologación da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) como circuíto de probas, sendo utilizado por varios equipos de Fórmula Un como o Ferrari, Williams F1, Toyota F1 team e BAR - Honda. O circuíto tamén foi o anfitrión da carreira de resistencia das 6 Horas de Vallelunga.

O autodromo de Vallelunga. A lonxitude do circuíto (incluída a extensión posterior a 2004) é de 4´085 km. As carreiras dispútanse en sentido horario.

No verán de 2006 fixéronse novos boxes. En 2007 e 2008 o circuíto organizou unha rolda do Campionato Mundial de Superbikes de 2007. Nesta ocasión ampliáronse a recta de meta e a sala de prensa, e fixéronse novas tribunas.

O circuíto tamén ofrece unha pista cunha lonxitude de 1.200 metros, destinada principalmente ás actividades da Scuola federale rally, e unha nova pista específica para SUV. A área do autódromo tamén conta cun centro de conferencias, un hotel e outras actividades e servizos. Dentro do complexo tamén se pode visitar o sitio arqueolóxico "calzada romana", con case 500 m² de achados arqueolóxicos culturais.

Desde o inicio de 2004 xunto á pista atópase a ACI-SARA o centro de condución segura que alberga os cursos de condución para automóbiles, motocicletas, camións, caravanas e autocaravanas. Este centro explota simulacións de sistemas con paredes de auga, a adherencia ás superficies diferenciadas e sistemas hidráulicos para provocar o derrape de cada tipo de vehículo.[2] Cada ano no outono alberga un gran mercadillo especializado principalmente en pezas de recambio de automoción vintage.

Desde o ano 2010 o Autodromo di Vallelunga é alimentado por un sistema fotovoltaico que fai que toda a instalacións de enerxía do complexo sexan respetuosas co medio ambiente.[3]

O circuíto é a sede dos desenvolvedore de software de simulación, Kunos Simulazioni, que ocupan un garaxe como oficina.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O trazado principal Internacional consta de 10 curvas, 7 á dereita, 3 á esquerda, o longo das curvas vai dos 23 metros da "Tornante" aos 166 metros da "Curva Grande". A pista para automóbiles ten 4.085 metros, mentres que a versión para motos ten 4.110 metros (con chicana), ademais ten unha variante chamada Club de 1.746 metros de longo. A pista ten 23 lugares para os comisarios. Para o público está a tribuna "Traguardo", na liña de partida, con capacidade para 6.000 asentos, e a "Colina" con 15.000 asentos.

  1. "Dal sito Aci.it: Scheda del circuito". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  2. "Dal sito Vallelunga.it: Guida Sicura Aci-Sara". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  3. "Dal sito Vallelunga.it: Il fotovoltaico di Vallelunga". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]